Na semana das Letras Galegas, os Clázicoz con Z achégannos de xeito diferente á figura de Francisco Fernández del Riego. Viaxamos 'Máis aló do Padornelo' con Paula e Silvia Vilaverde, das que poderiamos dicir que viven en Polonia, pero máis ben andan encadeando viaxe tras viaxe. Non faltan tampouco as colaboracións de Jesús Silva e Álex Gándara para falar de novidades audiovisuais e musicais, respectivamente. Así, coñecemos algo máis da nova curta de Miguel Canalejo, 'O coidado', e marchamos coa música e as anécdotas nocturnas de Copa Turbo.