Saltar ao contido principal

Xuventude Mentoring

Programas que abren as portas ao futuro

Información

Xuventude Mentoring

Xuventude Mentoring é un programa integral de formación e mentoring destinado a persoas mozas tituladas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia. Trátase dun programa pioneiro que xa vai pola sexta edición, promovido pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Cixug, en colaboración coas tres universidades galegas, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa Operativo de Emprego Xuvenil. Ao abeiro deste programa atopamos a María Luisa Campos, titora; Nelly Rey, mentora; e Paula Silvarrey, alumna.