Saltar ao contido principal

O CiMUS abre as súas portas á cidadanía, co gallo da oitava edición de Ciencia Singular

Os centros da Rede de Centros Singulares de Investigación da USC danse a coñecer

Información

O CiMUS abre as súas portas á cidadanía, co gallo da oitava edición de Ciencia Singular

O CiQUS, o CiTIUS, o IGFAE, o CRETUS e o CIMUS (Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas) organizan hoxe , sábado, unha xornada de portas abertas para difundir a ciencia e o labor que realizan entre a cidadanía. Durante toda a xornada, os asistentes aprenden con obradoiros, charlas e experimentos dirixidos a todos os públicos. O encargado de iniciar este evento foi o experto en xenética e catedrático en Medicina Legal, Ángel Carracedo.