
Seres 13-11-2024
Combater a violencia de xénero dende as institucións
Contidos suxeridos
Información
Seres 13-11-2024
Como se traballa dende as institucións para combater a violencia de xénero? De que recursos se dispón? Hai avances concretos neste eido? Son preguntas que tentamos responder falando con Manuela Vilaboy Romero, xefa do servizo contra a violencia de xénero da Delegación do Goberno en Galicia. A nosa colaboradora Lorena Quintas preséntanos a escola de feminismos alternativos PeriFéricas.
Presenta Rubén Riós