
Diario cultural 27-02-2024
Música e poesía
Contidos suxeridos
Información
Diario cultural 27-02-2024
Vituco Neira achéganos a NoReM (Noites de rock e meigas) falando con María Valle, voz e percusión neste grupo de Miranda de Ebro que canta en galego. Recibimos á Dolores Vilavedra, que hoxe nos trae ´Así vou eu, formando parte` de Luisa Villalta., a quen se adica este ano o día das Letras Galegas. Esta antoloxía poética está prologada por Pilar Pallarés, cun epílogo a cargo de Eva Veiga.
Presenta Begoña Vázquez