Ver
Eva Mejuto tráenos as primeiras publicacións sobre Luísa Villalta, homenaxeada das Letras de 2024, dirixidas ao público infantil e xuvenil. A primeira proposta é o álbum ilustrado 'Alma de violino', de Beatriz Maceda e Eli Ríos (Xerais), debuxado por Laura Suárez. Para lectorado a partir de 11 anos, Melodía de palabras (Xerais), escrito por María Canosa, con ilustracións de Laura Romero. Para o lectorado máis pequeno, 'Tinta de mar' (Lela Edicións) de Enrique Mauricio, con ilustracións de Tania Solla.
Presentado por Belén Regueira